Secretaría Uvigo - A posedición: o futuro da revisión e corrección?

A posedición: o futuro da revisión e corrección?

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Jose Yuste Frías
Tribunal Titoría: Jose Yuste Frías
ResumoEste Traballo de Fin de Grao está destinado a calquera público independentemente do seu nivel de especialización. Nel, expoñerase brevemente o desenvolvemento da tradución, a corrección e a revisión. O seu principal obxectivo será mostrar e demostrar como o mercado desta profesión atópase en constante cambio debido ao desenvolvemento de novas tecnoloxías e á necesidade cada vez maior de inmediatez nos produtos que se consomen. Isto vese reflectido, por exemplo, no xurdimento da «posedición» ?a cal se tratará desde os seus inicios ata a actualidade?. Ademais, preténdese dar unha resposta firme ao debate actual acerca de se as intelixencias artificiais poden ser unha verdadeira axuda no desenvolvemento do labor de correctores e revisores ou se, pola contra, prexudican á profesión.

Palabras chave
Translatio, traductio, corrección, revisión, funcións, IA, posedición (PE), calidade, ChatGPT.
Volver