Secretaría Uvigo - Análise contrastiva do discurso de xénero subtitulado nas series de Netflix Barbie: Life in the Dreamhouse (2012) e Barbie: It Takes Two (2022)

Análise contrastiva do discurso de xénero subtitulado nas series de Netflix Barbie: Life in the Dreamhouse (2012) e Barbie: It Takes Two (2022)

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Rebeca Cristina López González
Tribunal Titoría: Rebeca Cristina López González
ResumoA día de hoxe, os produtos de animación infantil xogan un papel clave na expresión e construción de identidades, xa que se conciben como transmisores de valores e antivalores. Os personaxes que os protagonizan inflúen nas condutas de comportamento do público infantil e Barbie é un exemplo perfecto a través do que se pode estudar esta influencia. O presente traballo analiza os diálogos en español incluídos nas series de animación Barbie: Life in the Dreamhouse (2012) e Barbie: It Takes Two (2022), co obxectivo de comprobar que tipo de discurso de xénero promoven ambos os dous produtos audiovisuais e determinar se se observa unha evolución en dez anos. Para logralo, aplicouse un marco metodolóxico que pretende contrastar categorías asociadas a un discurso androcéntrico con outro en aras dunha sociedade igualitaria.

Palabras clave: series de animación, mercadotecnia, discurso de xénero, identidade de xénero, Barbie.
Volver