Secretaría Uvigo - Proposta de tradución ao galego e comentario de Les grandes questions de Agnès Desarthe

Proposta de tradución ao galego e comentario de Les grandes questions de Agnès Desarthe

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Luna Alonso
Tribunal Titoría: Ana Luna Alonso
ResumoO presente traballo pretende expoñer as distintas dificultades que poden xurdir ao traducir obras de literatura infanto-xuvenil, xunto coas posibles estratexias e solucións máis adoptadas. Este conxunto de asuntos son presentados, en primeiro lugar, dende un enfoque teórico, no que se introduce o mundo da tradución neste ámbito de público tan específico e no que se atinxe aos problemas de tradución máis representativos deste. E, deseguido, dende un enfoque máis práctico, no que se amosa a tradución levada a cabo do libro da mesma temática Les grandes questions, de Agnès Desarthe, e as dificultades máis considerables que foron xurdindo no momento de traducir. Por último, unha vez finalizado este exercicio tradutolóxico, expóñense as conclusións derivadas de todo o proxecto.
Volver