Secretaría Uvigo - Elaboración e análise comparativa das propostas de subtitulado estándar e en Lectura Fácil da charla TED «How to design climate-resilient buildings» (Gibbons, Alyssa Amor)

Elaboración e análise comparativa das propostas de subtitulado estándar e en Lectura Fácil da charla TED «How to design climate-resilient buildings» (Gibbons, Alyssa Amor)

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
Tribunal Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
ResumoO obxectivo deste traballo é o de elaborar unha proposta de subtitulado interlingüístico para oíntes do vídeo «How to design climate-resilient buildings», discurso da deseñadora arquitectónica Alyssa Amor Gibbons durante unha conferencia TED, seguindo as convencións expostas por Jorge Díaz Cintas e Aline Remael na súa obra «Subtitling. Concepts and Practices» (2021) e, posteriormente, adaptala seguindo as convencións de Lectura Fácil (2018) marcadas pola UNE, para observar que estratexias da LF podemos utilizar nos subtítulos co fin de que sexan máis accesibles para o público con problemas de comprensión lectora. Para levar a cabo esta tarefa, realizaremos unha comparación da ambas as propostas de subtitulado, nas que salientaremos algúns exemplos que mostren as compatibilidades e incompatibilidades da aplicación das pautas de LF nos subtítulos.

Palabras clave: subtitulado, Lectura Fácil, adaptación de textos, tradución audiovisual, accesibilidade.
Volver