Secretaría Uvigo - Análise comparativa dos modelos WER e NER

Análise comparativa dos modelos WER e NER

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Pablo Romero Fresco
Tribunal Titoría: Pablo Romero Fresco
ResumoNeste traballo preséntase unha análise comparativa dos modelos WER e NER de control de calidade de subtítulos, aplicados en dous textos diferentes: unha entrevista en castelán e un discurso en inglés. En primeiro lugar, explícanse os conceptos máis básicos da subtitulación en directo e as súas modalidades, facendo fincapé no refalado. Despois, explícanse os dous modelos mencionados en máis detalle. En terceiro lugar, explícase o proxecto de estudo, incluíndo a información sobre a investigación previa a este traballo. En cuarto lugar, preséntase a metodoloxía, onde se explica con máis detemento o proceso realizado e se aporta un pouco máis de información sobre os softwares de recoñecemento de fala utilizados para as transcripcións estudadas. Por último, preséntase unha análise minuciosa dos resultados, nos que se comparan os errores atopados por ambos modelos e se presentan as conclusións de toda a investigación. Para esto, realizáronse unhas táboas comparativas que se poden consultar nos anexos, xunto a todas as transcripcións e análises utilizadas nesta investigación.

Palabras clave: tradución audiovisual, TAV, subtitulación, subtitulación automática, accesibilidade, refalado, modelo NER, modelo NTR, modelo WER, control de calidade.
Volver