Comentario e proposta de subtitulación ao castelán do documental Pop féminisme - Des militantes aux icônes pop (2020)
Data de defensa | 15/06/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Francés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Patricia Sotelo Dios |
Tribunal |
Titoría: Patricia Sotelo Dios |
Resumo | O presente traballo consiste en realizar unha proposta de subtitulación ao castelán do documental francés Pop féminisme - Des militantes aux icônes pop (E. Baudouin, 2020) e presentar un comentario sobre dita proposta, abordando tanto os aspectos específicos da subtitulación como os comúns da tradución. Este desafío xorde da escasa investigación na subtitulación na combinación francés-castelán e, en particular, de documentais. Ao longo do traballo, expóñense as peculiaridades do documental elixido en función das características da tradución audiovisual, en concreto da modalidade de subtitulación, e do xénero documental, e explícase detalladamente o proceso de elaboración da proposta. Palabras clave: tradución audiovisual, subtitulación francés-castelán, documental, feminismo. |