Secretaría Uvigo - Análise comparativa dos subtítulos profesionais de Netflix fronte a un fansub dun episodio da serie Lucifer

Análise comparativa dos subtítulos profesionais de Netflix fronte a un fansub dun episodio da serie Lucifer

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Joan Miquel Verges
Tribunal Titoría: Joan Miquel Verges
ResumoResumo: O principal obxectivo do presente traballo é analizar os subtítulos profesionais e un fansub do primeiro episodio da primeira temporada da serie Lucifer mediante unha táboa proposta pola nosa parte. A devandita táboa contén unha sección para o guión orixinal, outra para cada subtítulo do fansub, outra para cada subtítulo de Netflix e unha derradeira sección para comentarios adicionais. Ademais, analizarase e compararase o formato, a lonxitude, o número, a segmentación e a posición dos subtítulos en pantalla, o número de caracteres por subtítulo, os criterios ortotipográficos, a velocidade de lectura (en CPS) e a síntese da información de ambos os dous.

Palabras chave: Tradución audiovisual, subtitulación, fansub, Lucifer
Volver