Secretaría Uvigo - A influencia da percepción sobre o nivel de inglés na ansiedade cara á interpretación

A influencia da percepción sobre o nivel de inglés na ansiedade cara á interpretación

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Lara Domínguez Araújo
Tribunal Titoría: Lara Domínguez Araújo
ResumoEste traballo céntrase nos desafíos que enfronta o alumnado do Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) da Universidade de Vigo en relación coa percepeción sobre o nivel de inglés e o seu impacto no aspecto psicolóxico e no rendemento durante as interpretacións. Tamén se revela ao longo do traballo a influencia doutros factores relacionados coa técnica de interpretación e a súa práctica.
O método de investigación empregado foi un grupo focal entre estudantes do devandito grao, cuxos resultados se analizaron e contrastaron cunha fase de documentación teórica previa para, finalmente, interpretalos e sacar conclusións sobre o obxecto de estudo.

Palabras clave: ansiedade; aprendizaxe; interpretación; nivel de inglés; rendemento
Volver