Secretaría Uvigo - Como afecta o input dos medios á competencia xeral nunha segunda lingua

Como afecta o input dos medios á competencia xeral nunha segunda lingua

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Celia Veiga Pérez
Tribunal Titoría: Celia Veiga Pérez
ResumoAgora que a tecnoloxía forma parte da nosa vida cotiá, a aprendizaxe de idiomas viuse revolucionado pola gran dispoñibilidade de recursos multimedia, que se presentan en diversos formatos e ofrecen unha ampla gama de temas, producindo contidos de todo tipo que se adaptan ao público destinatario. Os medios de comunicación convertéronse nunha ferramenta para facilitar a adquisición xeral de linguas estranxeiras, ao converterse nunha fonte de información para os estudantes de segundas linguas. O efecto desta exposición multimedia na adquisición da lingua é aínda descoñecido debido á falta de resultados concluíntes neste campo. Algúns estudos suxiren efectos positivos, mentres que outros non indican ningún impacto significativo. Esta tese pretende lanzar algo de luz sobre o tema examinando o impacto da aprendizaxe mediante multimedia na adquisición dunha segunda lingua e o resultado final na competencia lingüística xeral dos alumnos. Para iso, examínase o desenvolvemento de cada unha das destrezas de aprendizaxe lingüística ao estar en contacto con input multimedia na segunda lingua do alumno, tanto nas destrezas de percepción e produción, como na adquisición de vocabulario e gramática. Ademais, téñense en conta factores externos como a motivación. Os resultados suxiren que, en xeral, o efecto do input multimedia na aprendizaxe de idiomas é beneficioso para os alumnos, xa que afecta positivamente á competencia lingüística. Con todo, como este campo é relativamente novo, aínda é necesario seguir investigando.
Volver