Secretaría Uvigo - O impacto do trastorno por déficit de atención e hiperactividade na adquisición de segundas linguas en adultos

O impacto do trastorno por déficit de atención e hiperactividade na adquisición de segundas linguas en adultos

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Celia Veiga Pérez
Tribunal Titoría: Celia Veiga Pérez
ResumoO trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) non só está cada vez máis presente na sociedade actual, senón que tamén se está empezando a examinar o seu impacto fora do ámbito médico. O obxectivo deste traballo de fin de grao consiste en elaborar unha discusión sobre os distintos efectos que causa a sintomatoloxía do TDAH na adquisición de segundas linguas na poboación adulta. Para iso, realizouse unha análise previa dos síntomas máis relevantes do trastorno e de como estes se manifestan en persoas adultas. Da mesma maneira, examináronse as circunstancias presentes ao redor de como os adultos adquiren unha segunda lingua. A continuación, considerando varios traballos de investigación xa existentes sobre o tema, chegouse ás seguintes conclusións: o TDAH é un trastorno que perdura ao longo da vida dunha persoa e no caso dos adultos, a pesar de que afecta a cada persoa de maneira diferente, si se observan dificultades no proceso de adquisición dunha lingua dentro e sobre todo, fora da aula. Dentro destes obstáculos, atópase a traba de lidar cos síntomas do trastorno e patoloxías comórbidas á vez que se tenta aprender unha lingua fora da contorna académica.
Volver