Secretaría Uvigo - A vulnerabilidade das mulleres como suxeitos prostituíbles nun contexto capitalista, imperialista e patriarcal en On Black Sisters? Street de Chika Unigwe

A vulnerabilidade das mulleres como suxeitos prostituíbles nun contexto capitalista, imperialista e patriarcal en On Black Sisters? Street de Chika Unigwe

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Bringas López
Tribunal Titoría: Ana María Bringas López
ResumoEste ensaio aborda a vulnerabilidade das mulleres nun sistema dominado polo patriarcado, o colonialismo e o capitalismo. Todos estes aspectos reflíctense nas historias das catro personaxes principais descritas en On Black Sisters?s Street, de Chika Unigwe. Descríbese a historia que hai detrás da sexualización da muller, como se sexualizou á muller negra durante moitos anos e como esta sexualización segue existindo hoxe en día. Ofrécese unha análise detallada das experiencias persoais de cada unha das protagonistas e de como chegan, por diferentes motivos, a vivir a mesma situación de prostitución. A vulnerabilidade das catro personaxes lévalles a aceptar a explotación sexual. A falta de recursos económicos para alcanzar cada un dos seus soños failles ver na prostitución a solución a todos os seus problemas.
Volver