Secretaría Uvigo - Unha análise literaria feminista de 'The Sleepless', de Nuzo Onoh: Sobre o terror e as mulleres

Unha análise literaria feminista de 'The Sleepless', de Nuzo Onoh: Sobre o terror e as mulleres

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Bringas López
Tribunal Titoría: Ana María Bringas López
ResumoEste traballo de fin de grao examina as posibilidades dunha potencial intersección entre o feminismo e o xénero literario do terror. En concreto, insístese na necesidade da inclusión de autoras mulleres no xénero do terror que poidan facilitar o crecemento e éxito desta intersección. O caso escollido para exemplificar esta posibilidade é a novela 'The Sleepless' escrita pola autora nixeriano-británica Nuzo Onoh.

A metodoloxía empregada baséase na análise literaria de dous conceptos empregados por Onoh: a caracterización das personaxes e o uso simbólico da ambientación. Analizo estes dous conceptos porque considero que ilustran perfectamente como unha perspectiva feminista pode integrarse dentro dun xénero tradicionalmente misóxino coma o do terror. Por un lado, a análise da caracterización, en concreto as relacións entre mulleres e as relacións dos homes coas mesmas mulleres, explica como os estereotipos destas relacións no xénero do terror poden desafiarse e inverterse para apoiar unha lectura feminista das mesmas. Polo outro lado, a análise da ambientación permite mostrar o funcionamento dunha estrutura patriarcal, a do fogar familiar, para logo comparalo cun espazo de resistencia feminina e anti-patriarcal, a casa das 'Ghost Girls'.

En conclusión, o presente traballo de fin de grao analiza un texto literario como é a novela 'The Sleepless' para demostrar como pode e debe existir unha perspectiva feminista no xénero do terror, tanto coa inclusión e investigación de autoras femininas do xénero como coa inclusión do xénero de terror no contexto académico.

Palabras clave: literatura, terror, gore, feminismo, Nuzo Onoh, The Sleepless, terror feminista
Volver