Secretaría Uvigo - Estudo Interlingüístico das Actividades de Vocabulario en Libros de Texto de Adquisición de Segundas Linguas

Estudo Interlingüístico das Actividades de Vocabulario en Libros de Texto de Adquisición de Segundas Linguas

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Rosa Alonso Alonso
Tribunal Titoría: María Rosa Alonso Alonso
ResumoPalabras clave: Vocabulario, Adquisición, L2, Español, Inglés.

Resumo:
Este estudo pretende analizar as diferentes actividades de libros de texto en dous contextos lingüísticos, inglés como segunda lingua e español como segunda lingua, para así determinar as similitudes e diferenzas en canto ao tipo e a cantidade de actividades de vocabulario empregadas. Con este propósito, este estudo céntrase na análise detallada de catro libros de texto de nivel B1+: dous de español como segunda lingua e dous de inglés como segunda lingua. A metodoloxía consistirá en unha análise cuantitativa das actividades de vocabulario de cada libro de texto, de tal xeito que se examinarán todas as actividades relacionadas coa adquisición de vocabulario e compararánse os resultados obtidos nos catro libros de texto.
Volver