Secretaría Uvigo - A tradición polbeira do Carballiño a través da lente: Unha análise da súa representación visual

A tradición polbeira do Carballiño a través da lente: Unha análise da súa representación visual

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Manuel Santiago Fernández Álvarez
Tribunal Titoría: Manuel Santiago Fernández Álvarez
ResumoO Concello do Carballiño, é hoxe coñecido como a terra do polbo grazas á unha tradición que se remonta ao século XVI. Alí sabemos que foi orixinada grazas a un documento desa data conservado en Marín no que se rexistra. De xeito moi purista a súa elaboración e venda foise mantendo entre os descendentes das familias que a empezaron. As caldeiras, as pementeiras, aceiteiras, o gancho e os pratos de madeira son instrumentos utilizados desde que comezou esta actividade. Pulpeiras do Carballiño herdeiras dunha tradición é un traballo da Asociación fotográfica O Potiños na que podemos apreciar todos os elementos do polbo á feira con unha excepción: o polbo. O ?máis importante? non está nas fotos. Por que? Isto e outras cousas das fotos como: a selección do branco e negro en vez de cores, o que se ve e o que non, e a procedencia da luz, etc.; son pasadas tras a semiótica da mirada para comprobar se as imaxes que atopamos no libro e na exposición física compren coas metas que tiñan os fotógrafos para ese traballo: reflectir aos polbeiros, que son a ?cara do Carballiño?. Xunto a unha análise das diferencias que pode haber tras cinco séculos de tradición.
Volver