Secretaría Uvigo - Usos do galego nas redes sociais

Usos do galego nas redes sociais

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Tribunal Titoría: Fernando Ramallo Fernández
ResumoAs redes socias son un novo campo onde se pode instaurar a nosa lingua. Trátase de mares de contido onde a mocidade nada e explora cada curruncho, mais precisan un bote que lles permita navegar. A gamela galega, inexperta, tenta abrirse paso entre icebergs, mantendo a frote como pode á xuventude que quere empregala.
A situación actual da nosa lingua nas redes sociais é difícil, debido a que esta non é moi empregada polas novas xeración, feito no que se repara polo baixo relevo xeracional que ten o galego; non se coñecen moitas das creadoras e creadores de contido que existen no noso idioma; e hai un descoñecemento xeral do que se ofrece.
Para poder saber como afrontar o desafío de mellorar a situación do galego nestas plataformas, realizouse unha enquisa a unha pequena parte do alumando dun par de centros vigueses. A contorna, o dominio do idioma, o xénero, e o compromiso coa lingua son factores determinantes para o emprego da nosa lingua nas redes? Segundo as súas respostas a estas preguntas foi posíbel estudar a percepción da mocidade sobre a nosa lingua, o coñecemento que teñen do galego e formular posíbeis solucións que axuden a mudar a situación sociolingüística que temos nestas novas plataformas.

Palabras clave: galego, lingua galega, mocidade, redes sociais
Volver