Secretaría Uvigo - A dispoñibilidade léxica no alumnado da Universidade de Vigo: o campo da sanidade en tempos de pandemia.

A dispoñibilidade léxica no alumnado da Universidade de Vigo: o campo da sanidade en tempos de pandemia.

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Alexandre Rodríguez Guerra
Tribunal Titoría: Alexandre Rodríguez Guerra
ResumoO seguinte traballo ten como obxecto proporcionar unha análise, desde un punto de vista descritivo, do léxico dispoñible en lingua galega no alumnado da Universidade de Vigo, centrándonos en particular no campo da sanidade. No transcurso da pandemia causada pola covid-19, déronse a coñecer para as persoas non especializadas unha serie de novas palabras ata o momento escasamente frecuentes no noso repertorio. Nas vindeiras páxinas, entre moitas outras cuestións, tratamos de resolver se estas incorporacións afondaron o suficiente en nós como para se converteren en pezas léxicas inmediatas no noso imaxinario sanitario ou se seguen sendo elementos residuais para as conversas exclusivas da pandemia. A xeito de diacronía curta, durante tres das etapas da enfermidade, todas elas suxeitas a diversas restricións e modificacións lexislativas, repartimos en varias facultades da Universidade unhas enquisas que nos permitisen estudar sobre isto e a súa variabilidade tendo en conta os datos sociolingüisticos das persoas enquisadas.
Palabras chave: dispoñibilidade léxica, repertorio léxico, galego, sanidade, covid-19.
Volver