Secretaría Uvigo - "Reunión con un círculo rojo". Un modelo de narrador para armar

"Reunión con un círculo rojo". Un modelo de narrador para armar

Data de defensa12/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoEste traballo presenta unha análise da instancia narrativa do relato ?Reunión con un círculo rojo? pertencente ao libro Alguien que anda por ahí (1977) de Julio Cortázar. Tras dita análise, ofrécese unha interpretación na que se apunta á máis que probable intención do autor de enganar á persoa que está a ler. Para este engano, Julio Cortázar válese dunha instancia narrativa que evoluciona ao longo do relato, porén, o lector acaba convencido de que narra sempre a mesma persoa. Ademais, este traballo segue o rastro de certos elementos (textuais e temáticos, como por exemplo o vampirismo) que proveñen da novela 62 / Modelo para armar (1968), tamén de Julio Cortázar, e que están presentes neste conto. Por último, explóranse as posibles significacións diferentes que pode adquirir un mesmo texto cando se le no contexto doutra publicación, refírome ao libro Territorios (1978). Nesta ocasión, ?Reunión con un círculo rojo? publícase acompañado polas fotografías dalgúns dos cadros do pintor venezolano Jacobo Borges e rodeado doutros textos diferentes aos do libro Alguien que anda por ahí.
Palabras chave: ?Reunión con un círculo rojo?, 62 Modelo para armar, intertextualidad, instancia narrativa, relación interartística.
Volver