Secretaría Uvigo - Brancaneves: Do conto dos irmáns Grimm á longametraxe de Disney

Brancaneves: Do conto dos irmáns Grimm á longametraxe de Disney

Data de defensa12/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoEn 1812, os irmáns Grimm publican a súa recompilación Contos infantís e do fogar, na cal atopamos o relato Brancaneves. Esta princesa aparece entón por primeira vez na literatura escrita, ata ese momento presente unicamente na tradición oral. En 1937, Walt Disney, farto de realizar cortos que non daban ganancias suficientes, escolle o conto de Brancaneves para ser a base da primeira longametraxe de debuxos animados da súa compañía. Para facela, emprega numerosos avances tecnolóxicos como a cámara multiplano, a rotoscopia e o Technicolor. O traballo dos animadores, dos músicos, do Departamento de historia así como do propio Disney vese recompensado cando o seu filme acada un gran éxito e innumerables críticas favorables. No presente traballo, contrástase a película de Disney co conto orixinal de 1812 para ver todas aquelas desemellanzas que ambas historias presentan e cales poden ser as causas do cambio. Con máis dun século de diferenza e compartidos por medios distintos, o relato de Disney amosa numerosos cambios con respecto ao dos Grimm. Tanto a trama e a estrutura como as personaxes e os recursos narrativos empregados mostran claras diferenzas que, en parte, veñen requiridas polo paso dunha transmisión escrita a unha audiovisual.
Volver