Secretaría Uvigo - A bela dormente a través das versións literarias de Charles Perrault e dos irmáns Grimm, e da largometraxe de Walt Disney

A bela dormente a través das versións literarias de Charles Perrault e dos irmáns Grimm, e da largometraxe de Walt Disney

Data de defensa12/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoO presente traballo de fin de grao pretende comparar as tres versións do célebre conto de fadas de A bela dormente. Para isto, partése das versións literarias máis clásicas e coñecidas: A bela dormente do bosque (1697), do francés Charles Perrault; e Rosa Silvestre (1812), obra alemá dos irmáns Jacob e Wilhelm Grimm. Posteriormente, estes dous contos serán obxecto de comparación coa largometraxe de Walt Disney, estreada en 1959 e titulada como A bela dormente (Sleeping Beauty). Así, o análise desta investigación profundizará nos aspectos básicos, como a trama argumental, a estrutura, o tratamento do tempo e do espazo, a modalización narrativa e a configuración dos personaxes. O fin último é desentrañar a ideoloxía e a moral que se esconden en A bela dormente, ademais de reflexionar acerca do papel que cumpre a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) para educar en certos valores ás novas xeracións.

Palabras chave: Perrault, Grimm, Disney, contos de fadas, comparación, bela dormente.
Volver