Secretaría Uvigo - Penélope ou a odisea dunha tecedeira: Homero e Buero Vallejo

Penélope ou a odisea dunha tecedeira: Homero e Buero Vallejo

Data de defensa12/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoO obxectivo deste traballo é comparar A odisea, de Homero, e A tecedeira de soños, de Antonio Buero Vallejo, coa finalidade de saber se entre as dúas obras existen variacións no tratamento do mito de Penélope. Para cumprir este propósito, recorrerei a dúas metodoloxías: a comparatista e a das teorías do drama. A odisea é un poema épico composto arredor do século VIII a.C. na Grecia arcaica e A tecedeira de soños é unha obra de teatro que se escribiu e publicou no século XX en España. Aínda que entre as dúas composicións existen semellanzas tanto estruturais coma relativas ao tempo de ambientación, o espazo, os personaxes e o estilo, as características xenéricas ocasionan diferenzas na modalización narrativa. Así, A odisea ten unha voz narradora que introduce os parlamentos dos personaxes, mentres que n'A tecedeira de soños hai didascalias e anotacións e os personaxes interveñen sen ser presentados. Por outra parte, aínda que o argumento é similar en ambos os casos, o final é diferente e, unido á distancia entre o tempo da escritura das dúas obras, provoca cambios na concepción do mito, como explico no corpo deste estudo.
Volver