Secretaría Uvigo - A presencia de Hipatia de Alexandría no ABC e A Vanguardia ó longo de século XX

A presencia de Hipatia de Alexandría no ABC e A Vanguardia ó longo de século XX

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Francisco José Ledo Lemos
Tribunal Titoría: Francisco José Ledo Lemos
ResumoHipatia, de quen se coñece moito o nome e pouco a traxectoria, continúa a ter un papel no noso presente. O propósito deste traballo e tratar de achar que se conserva da súa historia nas publicacións dos xornais do ABC e da Vanguardia ó longo do século XX, desde as mencións por casualidade ata os artigos dedicados a ela. Hipatia foi unha filósofa e científica que viviu en Alexandría nun momento de transición cara o cristianismo. As súas achegas ás matemáticas e á astronomía quedaron, moitas veces, relegadas a un segundo plano pola controvertida morte e a participación da igrexa cristiá no crime. Independentemente, o obxectivo é saber por que e para que se cita o seu nome e se hai un motivo máis alá da perspectiva de xénero.
Volver