Secretaría Uvigo - Bestiaria vida: a bestialización como vital

Bestiaria vida: a bestialización como vital

Data de defensa13/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Carmen Luna Selles
Tribunal Titoría: Carmen Luna Selles
ResumoNeste traballo realizarase unha análise simbólica dos personaxes pertencentes á novela curta Bestiaria Vida da mexicana Cecilia Eudave (1968). É profesora na Universidade de Guadalajara, México, onde tamén publica os seus artigos de investigación literaria. O seu primeiro traballo foi Tecnicamente humanos en 1996, un libro de relatos. Outras obras publicadas son: El enigma de la esfera (2008), Para viajeros improbables (2011) ou El verano de la serpiente (2022). Grazas a Bestiaria vida gañou o premio Juan García Ponce e foi traducido a numerosos idiomas como xaponés, italiano ou checo. A obra enmárcase na corrente literaria da narrativa do insólito. O primeiro será exponer brevemente o contexto e o estilo da autora e da súa obra: a literatura latinoamericana post-boom, as tendencias xurdidas despois, as hibridacións de xéneros e como a autora utiliza os recursos da súa actualidade e da novela curta. Estes son os puntos importantes desta sección.

A análise céntrase nos personaxes e na súa caracterización. A protagonista da obra, así como a narradora, é Helena, á que pertencen dous apartados da análise: a súa como personaxe e os seus soños. O resto están separados en dous: por unha banda, a familia, as súas bestas dentro do labirinto; e por outro, os seus amigos e personaxes menores, que se agrupan por comodidade estrutural máis que por relación. Nestes apartados, o importante é a relación entre o símbolo coñecido a nivel literario ou popular e como se relaciona co que se di sobre o personaxe da novela, ademais do que o lector podería extrapolar a partir do coñecemento dos símbolos que funciona como información extra na historia.

Palabras chave: Narrativa do insólito, análise de personaxes, símbolos, metáfora, novela curta, novela íntima, fantasía, realismo.
Volver