Secretaría Uvigo - O compoñente fónico na aprendizaxe de linguas. Lingüística contrastiva español - inglés

O compoñente fónico na aprendizaxe de linguas. Lingüística contrastiva español - inglés

Data de defensa14/02/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Miguel Cuevas Alonso
Tribunal Titoría: Miguel Cuevas Alonso
ResumoNo actual Traballo de Fin de Grao realizarase unha análise contrastiva entre os fonemas fricativos do español e do inglés, seguindo un enfoque teórico, para facilitar a tarefa de ensino/aprendizaxe dunha segunda lingua. Este estudo tamén centrará a súa atención nas dificultades que experimentan os hispanofalantes á hora de reproducir determinados sons na lingua anglosaxoa. Para presentar o material de estudo explicaranse conceptos fundamentais dentro das disciplinas da Lingüística Contrastiva, da Fonética e da Fonología. No corpo do traballo recompiláronse ambos sistemas fonolóxicos, introducindo tanto os cinco fonemas fricativos casteláns como os alófonos; seguidos dos considerados equivalentes na lingua estranxeira. Á súa vez, analizáronse as similitudes e as diferenzas entre español e inglés, para delimitar que elementos son complexos de reproducir na L2. O obxectivo principal desta investigación é realizar unha comparación entre ambas linguas e sinalar aqueles aspectos que poidan suscitar a aparición de cribas nos niveis de pronuncia e de comunicación na aprendizaxe do idioma inglés.
PALABRAS CHAVE: Análise contrastivo, español-inglés, fonemas fricativos, alófonos, dificultades.
Volver