Secretaría Uvigo - Comparativa da realización do fonema /t/ por parte de cantantes irlandeses e americanos: un estudo piloto perceptiva

Comparativa da realización do fonema /t/ por parte de cantantes irlandeses e americanos: un estudo piloto perceptiva

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Rosalía Rodríguez Vázquez
Tribunal Titoría: Rosalía Rodríguez Vázquez
ResumoEntre os miles de idiomas presentes no mundo, o inglés pode afirmar ser o idioma universal. Estímase que o número de falantes da lingua materna supera xa os 370 millóns, dos cales o 67% vive nos Estados Unidos, o 15% no Reino Unido e o 1% en Irlanda.
Factores como a influencia editorial e de mass media de EE. UU., xunto coa súa posición política e económica internacional levan a moitos lingüistas a falar do 'inglés mundial', o cal está formado por palabras, expresións e, por suposto, fonética derivadas do inglés americano.
Collendo como base a hipótese anterior, o obxectivo deste traballo é verificar se o inglés americano se impuxo realmente como 'inglés mundial' fronte ao resto de ingleses estándar, analizando neste caso o corpus fonético das mesmas cancións versionadas tanto en inglés americano como en inglés irlandés. Deste xeito poderase comprobar se a influencia do inglés americano é maior, se inflúe máis cando a versión está nunha canción estadounidense orixinal, e polo tanto é unha imitación do idioma, ou se xa desde a orixe, cando se canta unha canción orixinal en irlandés, atopamos trazos fonéticos propios dos americanismos.
Tendo en conta que ámbolos dous estándares son róticos, esta tese tratará de buscar diferencias entre eles a través do fonema /t/ seguido de consoantes silábicas ou vogais, comparando os mesmos fonemas das catro cancións co fin de comprobar se existe influencia do inglés americano no corpus irlandés.
Volver