Secretaría Uvigo - Análise e proposta de tradución da obra Drei Dackel bringen Glück ao español.

Análise e proposta de tradución da obra Drei Dackel bringen Glück ao español.

Data de defensa15/11/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Veljka Ruzicka Kenfel
Tribunal Titoría: Veljka Ruzicka Kenfel
ResumoO presente traballo xira en torno ao conto infantil Drei Dackel bringen Glück de Mirjam Pressler e ilustrado por Gitte Spee, publicado orixinalmente en alemán no ano 1988 para nenos de entre 6 a 7 anos, primeiros lectores. O conto relata a historia de Jessi, unha nena que cre que hoxe é o seu día de sorte porque viu tres cans salchicha seguidos. A partir de aquí pedirá sete desexos que ao principio xogan ao seu favor pero ao final tornaranse na súa contra, pois faranlle crer que seu pai é o que gañou a lotería. Tras unha introdución sobre a autora do libro e as obras empregadas para traducilo, realízase una análise pretraslativa segundo Nord (2012) no que se analizan factores extratextuais, intratextuais e o efecto comunicativo. Despois, clasifícanse os problemas de tradución pragmáticos, culturais, lingüísticos e extraordinarios encontrados no texto segundo o esquema proposto por Nord. Finalmente, preséntase nun anexo a tradución.

Análise traductolóxica, análise pretraslativa, literatura infantil e xuvenil, Drei Dackel bringen Glück, tradución.
Volver