Secretaría Uvigo - Vivir a Gran Guerra a través dos Fillos de Húrin (2007) e A Caída de Góndolin (2018) de J.R.R. Tolkien.

Vivir a Gran Guerra a través dos Fillos de Húrin (2007) e A Caída de Góndolin (2018) de J.R.R. Tolkien.

Data de defensa15/11/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Adriana Taboada González
Tribunal Titoría: Adriana Taboada González
ResumoEste traballo ofrece unha análise en profundidade das primeiras obras de Tolkien, que serían publicadas postumamente polo seu fillo Christopher Tolkien, A caída de Góndolin (2018) e Os fillos de Húrin (2007). Esta análise será introducida por unha breve sinopse relativa a estas dúas obras, así como a forma en que se estableceron como base para a construción da Terra Media. A continuación, analizarase a Gran Guerra e a súa relación cos Grandes contos. Consideraranse varios puntos para analizalos.
As experiencias de Tolkien e como foron vividas durante a Primeira Guerra Mundial, tal e como demostran os seus escritos posteriores e a súa influencia nos Grandes contos. Examinaremos brevemente como afecta o Trastorno de Estrés Postraumático aos soldados. O profesor tamén se verá afectado por esta enfermidade profesional, polo que examinarei o modo en que esta se reflectiu a través dos personaxes implicados nas súas obras. Levarei a cabo unha análise comparativa a través dos libros do autor, das súas propias experiencias narradas a través das súas cartas, así como dos estudos sobre o impacto da Gran Guerra nos soldados.
Esta análise revelará que existe unha coincidencia entre as obras específicas, os personaxes e as contornas creadas por Tolkien, así como o impacto das experiencias persoais no mundo ficticio que creou. Concluiremos coas consideracións, baseadas nas súas lecturas así como nos datos recolleitados delas.




Palabras chave: Tolkien, Góndolin, Húrin, Gran Guerra, Terra Media.



Volver