Secretaría Uvigo - Lil Wayne e Nova Orleans: texto rapeado e tradución

Lil Wayne e Nova Orleans: texto rapeado e tradución

Data de defensa10/11/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
Tribunal Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
ResumoO presente Traballo de fin de grao é un estudo analítico-teórico dunhas traducións amateurs inglés-español de tres cancións do artista musical Lil Wayne. Valorarase se a adaptación dun idioma ao outro resulta satisfactoria e cumpre a súa función de explicar a mensaxe da letra orixinal. Ademais, terase moi en conta as referencias culturais e realizarase unha proposta de análise acompañada de exemplos tomados dos propios versos das cancións. Para rematar, detallaranse as conclusións obtidas da propia proposta de análise.

Palabras chave: análise, tradución, cancións, referencias culturais.
Volver