Secretaría Uvigo - Modelos predictivos para a estimación da humidade do mato en Sierra Morena Occidental (Córdoba)

Modelos predictivos para a estimación da humidade do mato en Sierra Morena Occidental (Córdoba)

Data de defensa06/10/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Forestal
CentroEscola de Enxeñaría Forestal
Dirección Titoría: Juan Picos Martín
Tribunal Presidencia: María Ángeles Cancela Carral
Secretaría: Julia Armesto González
Vogalía: José María Fernández Alonso
ResumoOs índices de risco de incendio forestal poderían mellorarse incorporando información sobre o contido de humidade do combustible vivo. Para iso, é preciso mellorar os sistemas de predición de humidade viva.
Neste traballo proponse que é posible utilizar datos de estacións meteorolóxicas abertas para interpolar variables meteorolóxicas detalladas nunha zona forestal que nos permitan axustar modelos útiles para estimar a humidade do combustible vivo, minimizando o erro de estimación. Así mesmo, proponse que as interpolacións obtidas poidan utilizarse como variables auxiliares en modelos espazo-temporais baseados en teledetección con alta resolución temporal.
Volver