Secretaría Uvigo - Aplicación da teledetección sobre os efectos do confinamento por COVID 19 sobre parámetros químicos das aguas superficiales da Ría de Vigo

Aplicación da teledetección sobre os efectos do confinamento por COVID 19 sobre parámetros químicos das aguas superficiales da Ría de Vigo

Data de defensa28/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: Íñigo Cuiñas Gómez
Titoría: María de los Ángeles Peña Gallego
Tribunal Secretaría: Francisco Javier García Cutrín
Vogalía: José Jorge Domínguez Martín
Presidencia: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
ResumoO presente estudo foi deseñado para determinar se houbo variacións na calidade das augas da ría de Vigo como consecuencia do confinamento poboacional provocado polo COVID-19.
A fluorescencia da zona de estudo avaliouse mediante dous métodos pertencentes a diferentes disciplinas: datos físico-químicos obtidos cunha sonda multiparámetro CTD e datos de imaxes de satélite. O uso de dúas técnicas permitiu non só a verificación da hipótese do estudo senón tamén a verificación da correlación existente entre elas.
As evidencias derivadas do estudo suxiren que non houbo variacións significativas nos valores de concentración de clorofila entre o ano 2020 (ano do confinamento) e os anos 2018, 2019 e 2021. Polo tanto, non se pode confirmar que o confinamento poboacional provocou un impacto na calidade da auga da ría de Vigo. Este é un resultado positivo dende o punto de vista ambiental, xa que significa que o impacto antrópico na ría de Vigo non é o suficientemente forte como para ser decisivo.
Por outra banda, atopouse unha relación polinómica de orde 4 entre ambas as técnicas empregadas, o que abre a posibilidade de utilizar unha cando a outra non está dispoñible.
Volver