Secretaría Uvigo - Monografía sobre Biotoxinas Mariñas

Monografía sobre Biotoxinas Mariñas

Data de defensa28/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: Pablo Serret Ituarte
Titoría: Jose Manuel Leao Martins
Tribunal Secretaría: Francisco Javier García Cutrín
Vogalía: José Jorge Domínguez Martín
Presidencia: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
ResumoAs biotoxinas mariñas e a súa presencia na cadea trófica, especialmente nos moluscos bivalvos, supoñen unha preocupación para as autoridades sanitarias. Distribúense polas costas de todo o mundo e actualmente, esta área de distribución xunto ca súa taxa de crecemento está en potencial aumento ca chegada das toxinas emerxentes as costas europeas. Isto supón un risco sanitario e socio-económico a nivel mundial, polo que é importante o desenrolo de metodoloxía para o seu control.
Esta revisión bibliográfica proporciona de maneira xeral unha visión sobre as diferentes toxinas mariñas, a súa clasificación, o seu modo de acción e toxicoloxía e os métodos necesarios para a súa detección e cuantificación reguladas pola Unión Europea. A actualización de estas metodoloxías de análise están en constante cambio e actualmente, a búsqueda de melloras para os monitoreos, metodoloxías e materiais de referencias das mesmas, é unha prioridade por parte da comunidade científica para poder elaborar métodos oficiais e lexislación adecuada que disminúan os seus riscos.
Palabras clave: intoxicación paralítica por mariscos, intoxicación amnésica por mariscos, toxinas lipofílicas, métodos analíticos , ensaios inmunolóxicos, cromatografía líquida, espectometría de masas, fluorescencia, ultravioleta, ensaio biolóxico.
Volver