Secretaría Uvigo - Estrutura e diversidade das diatomeas bentónicas

Estrutura e diversidade das diatomeas bentónicas

Data de defensa28/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: Anton Manoel Leira Campos
Titoría: Cristina Delgado Núñez
Tribunal Secretaría: Francisco Javier García Cutrín
Vogalía: José Jorge Domínguez Martín
Presidencia: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
ResumoAs rías son sistemas únicos de gran complexidade, variabilidade e dinamismo cuxo entorno se atopa entre os máis produtivos do planeta. A orixe destes sistemas está fundamentalmente ligada á influenza que exercen as mareas coas augas fluviais, sendo lugares de transición nos que se producen cambios constantes. Nestes ecosistemas atopamos diatomeas asociadas a sedimentos, que son un dos principais produtores primarios destas zonas. Estes microorganismos unicelulares son capaces de xerar respostas moi rápidas e sensibles a numerosos cambios físico-químicos e/ou ambientais, sendo utilizados pola súa excelente capacidade de bioindicador. No presente traballo estúdase en profundidade o estudo de como os distintos parámetros ambientais inflúen nas comunidades de diatomeas que existen na ría do río Mira e tamén se compara con outras bases de datos de rías de similares características as dos ríos Guadiana e Arade(Sur de Portugal). As tres zonas de estudo do río Mira elixíronse en función da variabilidade ambiental (n=9), así como das súas diferentes estruturas sedimentarias. As mostraxes realizáronse para cubrir as tres zonas principais da ría; unha superior (Odemira), a zona media (Casa Branca) e outra inferior (Vila Nova de Milfontes). A toma de mostras nestas zonas realizouse mediante a realización de 3 transectos de 20 metros perpendiculares á costa e atravesando a zona intermareal. A salinidade é a variable ambiental que mellor explica a distribución das diatomeas nesta ría. Na ría de Mira identificáronse un total de 64 especies de diatomeas pertencentes a 24 xéneros. As especies con maior contribución ás comunidades da ría do río Mira son: Navicula gregaria, Cocconeis sp. e Gyrosigma fasciola en Odemira; Denticula subtilis, Tryblionella apiculata e Halamphora sp. en Casa Branca e Navicula gregaria, Cocconeis cf. neothumensis e Planothidium delicatulum en Vila nova de Milfontes. Os resultados obtidos neste traballo amosan claramente como se diferencian as tres zonas estudadas da ría do río Mira (Portugal), tanto a nivel fisicoquímico como a nivel da comunidade de diatomeas.
Palabras Chave: Estuario, diatomea e biodiversidade

Volver