Secretaría Uvigo - Recuperación do amoníaco presente no dixestato anaerobio con membranas permeables aos gases

Recuperación do amoníaco presente no dixestato anaerobio con membranas permeables aos gases

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: Francisco Javier Deive Herva
Tribunal Vogalía: Sonia Losada Barreiro
Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: Xanel Vecino Bello
ResumoEste Traballo Fin de Máster trata sobre o estudo a escala laboratorio da recuperación do amoníaco presente no dixestato anaerobio mediante o uso de membranas permeables aos gases, así como o deseño dunha planta de recuperación que se aplique na corrente de retorno das centrífugas de dixestado procedente do dixestor de lodos anaerobios da EDAR de Bens.
Co fin de optimizar os parámetros óptimos de funcionamento para a recuperación do amoníaco no dixestato, realizáronse ensaios a escala laboratorio con dúas solucións concentradas de amonio diferentes: dixestato dun reactor anaerobio instalado en EnergyLab e dixestato procedente da EDAR de Bens, previamente decantado. Os resultados mostran que as membranas PTFE de Zeus utilizadas nos experimentos non presentan capacidade de capturar amoníaco e que deberían estar feitas de PTFE expandido.
Mediante a revisión bibliográfica seleccionouse a membrana para o deseño da planta de recuperación para a súa aplicación na corrente de retorno das centrífugas de dixestato procedente do dixestor de lodos anaerobio da EDAR de Bens. A membrana escollida é a ePTFE de Phillips Scientific Inc. cun diámetro externo de 10,25 mm e un grosor de parede de 0,75 mm.
Para o deseño da planta de recuperación hai que considerar tanto que a EDAR de Bens, cunha poboación equivalente a 670.000 habitantes, xera unha corrente de arredor de 886,3 m3/d de lixiviados de centrífuga cunha concentración de 1.191,49 mg N-NH4+/L, como que a eficiencia de recuperación de nitróxeno amoniacal usando a membrana seleccionada é do 98%.
Volver