Secretaría Uvigo - Dixitalización do proceso de xestión de compras nunha empresa pública do sector naval

Dixitalización do proceso de xestión de compras nunha empresa pública do sector naval

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Industria 4.0
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Tribunal Presidencia: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Secretaría: Juan José Areal Alonso
Vogalía: JOAQUÍN BARREIRO GARCÍA
ResumoEste Traballo realízase nunha empresa pública de construción naval e a súa principal finalidade é aplicar os coñecementos adquiridos para desenvolver as melloras necesarias e conseguir un proceso máis eficaz e dixitalizado no departamento de compras.
Cabe destacar que, ao tratarse dunha empresa pública, as contratacións están suxeitas a uns procedementos e unhas características especiais marcadas e definidas pola Lei de Contratacións do Sector Público (Lei 9/2017).
O obxectivo deste proxecto é unha dixitalización dos procesos de contratación dos suministros de equipos e materiais que se realizan no departamento de compras da empresa pública sometida a estudo.
Este obxectivo busca como consecuencia un uso eficiente dos recursos humanos e materiais e, adicionalmente, axilizar o proceso de contratacións de maneira que isto repercuta nunha redución dos tempos de subministro de materiais e equipos á cadea de produción.
Volver