Secretaría Uvigo - Automatización e novas funcionalidades. Sistema Pick&Place con Robot Delta.

Automatización e novas funcionalidades. Sistema Pick&Place con Robot Delta.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: Ángel Manuel Fernández Vilán
Vogalía: Juan Sáez López
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoO presente proxecto consiste na continuación e mellora do traballo fin de grado "Posta en marcha de Robot Delta. Aplicación Pick and Place prototipo con cintas transportadoras" realizado polo presente alumno na convocatoria 2020-2021.
Levarase a cabo unha ampliación das funcionalidades realizadas e da disposición do sistema, como pode ser a correcta electrificación, elaborando un cuadro eléctrico onde se recollan todos os elementos de protección e control da enerxía da instalación.
Ademais, extenderase o desarrollo automático, mellorando as "demo" realizadas no mencionado TFG, así como implementando algunha nova funcionalidade para a aplicación Pick&Place, empregando todos os dispositivos de control, sensores e accionamentos dispoñibles. Tamén se trata de dotar o ao proxecto dun IHM que permita controlar as funcións principais do sistema robotizado con maior facilidade.
Plantexaranse outras implementacións como a realización de novos diseños para as pezas que recolle o robot das cintas transportadoras, ademais de algún elemento que reduza a cantidade de luz indeseada para o sistema de visión artificial que identifica os obxectos.
Volver