Secretaría Uvigo - Predición da actividade antioxidante dos compostos fenólicos mediante modelos de aprendizaxe automática

Predición da actividade antioxidante dos compostos fenólicos mediante modelos de aprendizaxe automática

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Gonzalo Astray Dopazo
Tribunal Presidencia: María Fernández González
Vogalía: Gil Garrote Velasco
Secretaría: Pablo García del Río
ResumoNeste Traballo Fin de Máster desenvolvéronse diferentes modelos de aprendizaxe automática a partir de datos bibliográficos de actividade antioxidante (obtida mediante os métodos ABTS e DPPH) de distintos compostos fenólicos de orixe natural, asociados a plantas que se empregan na medicina tradicional chinesa para o tratamento e prevención de diversas enfermidades. Estes datos xunto con diversos descriptores obtidos a partir de cálculos mecano-cuánticos e outro asociado á estrutura molecular dos compostos serviron para desenvolver modelos de rede neuronal artificial, bosque aleatorio e máquina de vector soporte, obtendo con iso ferramentas que permiten predicir, en maior ou menor medida, a actividade antioxidante de compostos fenólicos.
Volver