Secretaría Uvigo - O discurso negacionista da pandemia da COVID-19 en Internet

O discurso negacionista da pandemia da COVID-19 en Internet

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Lingüística Aplicada
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: José María García-Miguel Gallego
Tribunal Presidencia: Alexandre Rodríguez Guerra
Vogalía: Carlos Valcárcel Riveiro
Secretaría: Ana Varela Suárez
ResumoO obxectivo deste traballo é analizar o discurso negacionista da pandemia da COVID en España a partir dun corpus de páxinas web de movementos negacionistas e outro de chíos de Twitter. Este estudo fundaméntase tanto na Lingüística Cognitiva como na Análise Crítica do Discurso, xa que estuda tanto as metáforas cognitivas como as escollas léxicas co fin de desvelar a ideoloxía subxacente. Apóiase, ademais, en métodos da Lingüística de Corpus, en concreto na análise de colocacións e de palabras chave. Con este fin elaboráronse dous corpus coa axuda de Sketch Engine e FireAnt, os cales procesáronse logo con AntConc. Como conclusión, pódese afirmar que o movemento negacionista desconfía do discurso oficial sobre a pandemia en cuestións diversas, chegado incluso a negar a súa existencia. Isto non sucede sempre, noutras ocasións cuestiónanse as medidas que se tomaron para deter a pandemia, como as vacinas, que os negacionistas consideran ata nocivas.
Volver