Secretaría Uvigo - Aplicación da lexislación en materia de reporte de información Non Financeira no sector conserveiro en España.

Aplicación da lexislación en materia de reporte de información Non Financeira no sector conserveiro en España.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María del Pilar Piñeiro García
Tribunal Secretaría: Ana Isabel Dopico Parada
Presidencia: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Vogalía: María José Cabaleiro Casal
ResumoNo ano 2018 trasponse a Directiva europea sobre divulgación de información non financeira e información sobre diversidade (2014/95/EU) ao ordenamento xurídico español: a Lei 11/2018 de información non financeira e diversidade. Esta Lei é de obrigado cumprimento polas empresas que cumpran os requirimentos. No marco deste traballo identifícanse as empresas do sector conserveiro español que durante o ano 2020 estiveron obrigadas a elaborar o Estado de Información Non Financeira (EINF) co que deron resposta á Lei 11/2018. Analizáronse os EINF das empresas obrigadas para elaborar unha análise comparativa e poder extraer unhas conclusións. Co obxectivo de identificar a través de que indicadores publican a información non financeira e se estes son útiles para comparalos entre empresas do mesmo sector conserveiro. As actuais tendencias de transparencia e reporte da información supoñen que cada vez, este tipo de exercicios de reporte serán máis habituais e poden ser unha ferramenta e unha base de datos de información moi relevante, á que antes non se podía acceder.

Análise comparativa
Estados de Información Non Financeira
Sector conserveiro en España
Volver