Secretaría Uvigo - Gabinetes Tecnoloxicos e Comunitarios GaliciaRural®

Gabinetes Tecnoloxicos e Comunitarios GaliciaRural®

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Óscar García García
Tribunal Presidencia: José María Cancela Carral
Secretaría: Rafael María Carreño Morales
Vogalía: Virginia Serrano Gómez
ResumoResumo do proxecto

O obxectivo da seguinte presentación en PDF é presentar a aplicación da metodoloxía PMBOK no noso proxecto, centrándose na instalación de gabinetes tecnolóxicos e comunitarios itinerantes no medio rural de Galicia, inicialmente en formato presencial, e posteriormente estendéndose a cursos optativos a través dunha plataforma web. O obxectivo transversal é a inclusión social e dixital no rural.

A proxección é local, tomando como fonte de inspiración parte dun modelo alemán de contidos tecnolóxicos de educación en zonas rurais (Smart Countryside Deutchland) e un modelo de cursos e formación tecnolóxicas en puntos remotos do interior de Arxentina (Punto Dixital Argentina) cunha eventual modalidade de cursos en liña de baixo custo destinados á educación a distancia (inspirados na plataforma Capacitarte).

Esta peza ten o objetivo de presentar este proxecto como un modelo educativo e de negocio coa finalidade de ofrecer un servizo de contidos renovables (cursos e formacións tecnolóxicas e de atractivo geral) para aplicar no medio rural de Galicia, dirixido principalmente á poboación residente de mediana idade e idade avanzada para incrementar o coñecemento dixital. O foco estará na primeira edición do proxecto centrada só nos 7 primeiros gabinetes presenciais.

Palabras clave
PMBOK, Educación Tecnológica y Dixital, Gabinetes
Volver