Secretaría Uvigo - Aerobioloxía e Fenoloxía da variedade Loureira na D.O. Ribeiro durante a campaña 2021.

Aerobioloxía e Fenoloxía da variedade Loureira na D.O. Ribeiro durante a campaña 2021.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Agraria
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Cotitoría: María Fernández González
Titoría: Francisco Javier Rodríguez Rajo
Tribunal Vogalía: Olga Escuredo Pérez
Presidencia: Gil Garrote Velasco
Secretaría: Beatriz Gullón Estévez
ResumoNos últimos anos, a viticultura da D.O. Ribeiro experimentou unha gran evolución, levando a cabo procesos de modernización da súa produción. así como as de recuperación de variedades tradicionais. Para acadar estes obxectivos aplicáronse coñecementos de diferentes disciplinas científicas como a fenoloxía ou a aerobioloxía.

Os obxectivos que pretendemos acadar neste proxecto final son:

1. Coñecer a fenoloxía da variedade Loureira na D.O. Ribeiro na campaña 2021.

2. Determinar a produción de pole e as súas oscilacións na variedade mencionada.

3. Estudar o contido en pole de Vitis vinifera na atmosfera da zona de estudo durante a etapa de floración.

4. Combinar datos aerobiolóxicos, fenolóxicos e variables de produción de pole, utilizándoos como posibles indicadores para estimar a produción final de uva.
Volver