Secretaría Uvigo - Cálculo, deseño e montaxe dunha cheminea para dar servizo a unha central térmica de biomasa

Cálculo, deseño e montaxe dunha cheminea para dar servizo a unha central térmica de biomasa

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: David Patiño Vilas
Cotitoría: Raquel Pérez Orozco
Tribunal Vogalía: María Elena Albo López
Secretaría: Eloy Díaz Dorado
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: Estrella Álvarez da Costa
Vogalía: David Patiño Vilas
Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
ResumoEste proxecto céntrase no deseño e cálculo dunha cheminea autoportante metálica que servirá
para evacuar os fumes da caldeira dunha central térmica. A central funcionará con biomasa, un
recurso renovable e local, xa que estará situada en Galicia, comunidade con abundante masa
forestal.
Respecto ao deseño da cheminea, baséase en tres partes, por unha banda, dimensionar o seu
diámetro de maneira que se evacúen de maneira correcta os gases de combustión, doutra banda,
valorar as condicións de deseño para que cumpra a normativa e por último comprobar os cálculos
estruturais para que poida sosterse por si mesma. Deste xeito, este TFM mostra o proceso desde a
elección do tipo de cheminea e o seu material ata as instrucións para a montaxe final. Ademais,
tamén se estudan os accesorios que acompañan ao conduto.
Finalmente, tamén se realiza un estudo económico a modo de orzamento, que mostra o
investimento necesario para este tipo de cheminea en función das decisións tomadas.
Palabras chave: cheminea, autoportante, biomasa, deseño, eficiencia.
Volver