Secretaría Uvigo - Instalación fotovoltaica conectada á rede para autoconsumo dun centro de saúde en A Coruña

Instalación fotovoltaica conectada á rede para autoconsumo dun centro de saúde en A Coruña

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Bernardo José Parajo Calvo
Tribunal Vogalía: María Elena Albo López
Vogalía: Eloy Díaz Dorado
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: Jose Cidrás Pidre
Secretaría: Jorge Carlos Morán González
Vogalía: David Patiño Vilas
ResumoNo presente traballo abórdase o deseño e dimensionamiento dunha instalación solar fotovoltaica localizada nun centro de saúde do municipio da Coruña. A edificación conta con dúas cubertas de tipo bolboreta a distinta altura. Partindo do consumo horario de dous meses e dos planos do edificio estúdanse diferentes disposicións dos módulos para valorar cal é máis eficiente.

O principal problema ao que nos temos que enfrontar son as sombras. Para iso se modeliza a edificación nun programa CAD para posteriormente analizar en SketchUp como afectan as sombras ás cubertas a diferentes horas de diferentes épocas do ano. Esta representación 3D permítenos ver como avanzan as sombras sobre as cubertas e unha mellor compresión das nosas necesidades. Doutra banda, tamén se realizan os cálculos pertinentes para cuantificar as perdas ocasionadas por estas.

En primeiro lugar, estúdase unha instalación coplanaria na que o grao de afectación das sombras é bastante elevado, debido á diferenza de altura entre as cubertas e aos bordos laterais elevados destas. A pesar das perdas, a instalación posúe indicadores enerxéticos e económicos positivos. Finalmente, para para reducir as perdas por sombras estúdase unha instalación coplanaria inclinada 15º e orientada 40º cara ao leste. Coa incorporación da estrutura soporte evítanse perdas polas sombras dos bordos de ambas as cubertas e redúcense as asociadas á orientación e inclinación dos paneis.
Volver