Secretaría Uvigo - O triángulo do IPC, SMI e Convenios Colectivos.

O triángulo do IPC, SMI e Convenios Colectivos.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Curso Ponte)
CentroFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Dirección Titoría: Jaime Cabeza Pereiro
Tribunal Titoría: Jaime Cabeza Pereiro
ResumoCo presente TFG búscase achegar unha visión global da realidade salarial do mercado
nacional, baseado en tres patas, IPC, SMI e Convenios Colectivos.
A análise vaise debullando, pasando dunha visión nacional e europea, a unha
perspectiva autonómica e terminando cunha provincial, analizando sete convenios
provinciais de Pontevedra e dous da Coruña.
Para esta análise tívose en conta tamén un novo factor que é o pacto de Rendas,
que vai ser unha peza crave nos próximos anos, á hora de negociar convenios
e manter o poder adquisitivo, debido a que previsiblemente vai a interaccionar co
IPC, SMI e Convenios Colectivos, así como con pensións, beneficios empresariais,
etc.?
No presente TFG, búscase tamén, mostrar a realidade económica dunha persoa que
termina o seu Grao en Relacións Laborais e Recursos humanos, incorporándose ao
mercado laboral co convenio de Oficinas e Despachos de Pontevedra, baseándose nos
datos do citado convenio que todas e cada unha das partes descritas a continuación
parecen ignorar.
Tamén quixen achegar unha visión critica, así como posibles solucións á
problemática derivada das retribucións, debido a que debemos reflexionar sobre a
situación das persoas que prestan servizos adscritos aos convenios analizados
Volver