Secretaría Uvigo - Servizo de alertas persoal para Amazon vía Telegram

Servizo de alertas persoal para Amazon vía Telegram

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Cotitoría: Alba Nogueira Rodríguez
Titoría: Daniel González Peña
Tribunal Titoría: Daniel González Peña
ResumoO desenvolvemento do TFG consistirá na elaboración dun bot para o servizo de mensaxería "Telegram", encargado de proporcionar ao usuario unha serie de funcionalidades para facer o seguimento de produtos de Amazon.

A idea principal na que se vai centrar é a de rastrear o stock de produtos de Amazon, de xeito que notifique ao usuario cando un produto que está sendo rastreado volva a estar disponible para a súa compra.

As funcionalidades serán implementadas nun bot de Telegram co que o usuario poderá interaccionar. Inicialmente o bot lle pedirá ao usuario que introduza o enlace dun produto de Amazon. A continuación, o bot lle mostrará varias opcións que se poden levar a cabo:

- Rastreo do stock:
O bot comprobará continuamente se un produto sen stock volve a estar disponible para a súa compra. No caso afirmativo, devolverá unha alerta para notificar ao usuario.

- Avisar de cambios no prezo:
Ao escoller esta opción, o bot realizará unha comprobación do precio do produto en cuestión, de xeito que notificará ao usuario ante calquer aumento ou disminución do precio de dito produto.

- Establecer barreiras de prezo:
Cando se escolla esta opción o usuario poderá establecer un valor para o cal o bot notificará ao usuario se o produto en cuestión baixa do precio establecido polo usuario.

- Eliminar rastreo:
O usuario escollerá un dos produtos que non queira continuar rastreando e será eliminado polo bot.
Volver