Secretaría Uvigo - Unha aproximación aos dereitos das mulleres e as nenas desde o Dereito Internacional Público

Unha aproximación aos dereitos das mulleres e as nenas desde o Dereito Internacional Público

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: María Belén Sánchez Ramos
Tribunal Secretaría: Susana Álvarez González
Presidencia: Miguel Ángel Michinel Álvarez
Vogalía: Mónica Siota Álvarez
ResumoAs Institucións internacionais e tamén nacionais non poden ser alleas á discriminación que sofren as mulleres e as nenas na sociedade, a cal constitúe un ataque á liberdade, xustiza e igualdade das mesmas fronte aos homes. A pesar do seu recoñecemento e da obrigación dos Estados Partes de garantir a defensa dos dereitos das mulleres a través de Tratados como a Convención sobre a Eliminación de toda forma de Discriminación contra a Muller, aínda non é posible falar dunha igualdade real. A violencia contra a muller e as nenas é, en calquera das súas formas, unha violación dos dereitos humanos; esta afirmación supón para os Estados un recoñecemento internacional da mesma.

O obxecto do presente traballo é analizar o marco normativo internacional para, á luz da realidade social e a discriminación existente, analizar algúns dos desequilibrios de xénero que impiden unha igualdade real e efectiva.
Volver