Secretaría Uvigo - Implementación de Standard Work en área productiva a través da metodoloxía Kaizen nivel 3

Implementación de Standard Work en área productiva a través da metodoloxía Kaizen nivel 3

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Juan Sáez López
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Secretaría: Celso Fernández Silva
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Antonio Fernández Otero
Vogalía: Manuel Doiro Sancho
ResumoNeste proxecto implementouse unha estandarización do traballo na empresa Borgwarner,
máis concretamente nas liñas pertencentes ao equipo FCA-Renault, mediante a
metodoloxía de Kaizen nivel 3.
O método Kaizen é unha filosofía orientada ó perfeccionismo a través da
segmentación e optimización dos procesos. Desta maneira, preténdese maximiza-la
produción, reducindo ó máximo as ineficiencias produtivas co fin de aumenta-la
productividade e competitividade da empresa. A súa orixe remóntase á década dos 50 e
xorde en Japón como unha ferramenta de reconstrución tras a Segunda Guerra Mundial. A súa etimoloxía vén derivada das palabras "KAI" que significa
cambio e "ZEN" que significa bo. Existen diferentes niveis de Kaizen en función do nivel
de organizan que abrangue, neste proxecto abórdase a implementación do Kaizen diario
nivel 3.
Esta metodoloxía baséase na implementación de estándares de traballo que
permiten crear unhas bases a seguir durante o proceso, aumentando a eficiencia deste.
Isto permite garantir que unha tarefa sexa levada a cabo da mesma maneira
independentemente do operario ou o momento en que se realiza. Entre as principais
vantaxes desta metodoloxía destacan a alta estabilidade nos procesos, o coñecemento
consérvase no tempo, establécense unhas bases de formación dos operarios e se prevén a
aparición de erros repetitivos.
Levouse a cabo un profundo análise das liñas de produción co fin de optimizar os
procesos ao máximo. Para iso, realizouse un estudo de métodos e tempos e o deseño de
modificacións no layout (organización de bordos de liñas) co fin de eliminar todas as
mudas posibles.
Por último, aplicouse a metodoloxía de "problem solving 8´D na operación que
supón a principal causa de Rework no produto terminado, co fin de reducilo o máximo
posible.
Volver