Secretaría Uvigo - Control de calidade mediante visión artificial nunha liña de mesados de aglomerado

Control de calidade mediante visión artificial nunha liña de mesados de aglomerado

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Paz Domonte
Tribunal Vogalía: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: Juan Sáez López
Secretaría: María Cristina Trillo Yáñez
ResumoUnha empresa galega dedicada á transformación da madeira dispón, nunha das súas naves, dunha liña de acabado de mesados de aglomerado. Nela prodúcese o postformado do canto visible do taboleiro, dándolle certa curvatura, para posteriormente encolar sobre el a melamina decorativa. Durante a execución deste proceso poden producirse distintos defectos estéticos sobre o produto final como roturas, marcas de queimaduras ou, directamente, non pegado do papel, entre outros. O problema actual reside na alta cantidade de mesados defectuosos que saen da liña, os cales son desbotados. Ademais, o control de calidade executado sobre o produto é realizado visual e manualmente por un operario, quen realiza múltiples tarefas á vez. O obxectivo do proxecto é, entón, propor un sistema de control de calidade que detecte automaticamente ditos defectos mediante técnicas de visión artificial, coa axuda de equipos como cámaras e perfilómetros láser. Así, conseguirase liberar ao operario desta repetitiva tarefa de inspección, podendo dedicarse a outras funcións máis produtivas como é a regulación da estación de encolado, clave para conseguir un correcto pegado das melaminas, coa intención final de diminuír a porcentaxe de mesados de aglomerado desbotados.
Volver