Secretaría Uvigo - Deseño conceptual de un dron para a captura de variables atmosféricas no entorno de incendios.

Deseño conceptual de un dron para a captura de variables atmosféricas no entorno de incendios.

Data de defensa12/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Pedro Orgeira Crespo
Titoría: Guillermo David Rey González
Tribunal Presidencia: Matías García Rivera
Secretaría: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Daniele Tommasini
ResumoNo presente Traballo de Fin de Grao realizouse o deseño conceptual dun dron de ala fixa co obxectivo de levar a cabo misións de prevención e vixilancia de incendios forestais. Por isto, a aeronave conta cunha cámara termográfica e sensores para a medición de certas variables atmosféricas. A maiores, leva incorporados paneis solares para incrementar a duración do voo.
Para comezar, efectuouse un estudio das aeronaves semellantes do mercado co fin de proporcionar un punto de partida para o deseño do dron. Unha vez completado o deseño inicial, levouse a cabo un estudio aerodinámico para obter a polar da aeronave coa que estimar a potencia necesaria. A continuación, seleccionouse os materiais da estrutura e os compoñentes que permiten cumprir coas labores de loita contra incendios.
Para finalizar o proxecto, calculouse o peso total da aeronave e fíxose unha estimación da autonomía tendo en conta o aporte enerxético dos paneis solares. Por último, realizouse unha simulación do fluxo aerodinámico arredor do dron para analizar o seu comportamento.
Volver