Secretaría Uvigo - Optimización de próteses mecánicas de membro superior aplicando técnicas DFMA

Optimización de próteses mecánicas de membro superior aplicando técnicas DFMA

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Cotitoría: Manuel Casal Guisande
Tribunal Vogalía: Juan María Pou Saracho
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: Xavier Nóvoa Conde
ResumoEste proxecto desenvólvese no marco das prósteses mecánicas, de baixo coste, para membros superiores, que foron deseñadas para ser fabricadas aplicando técnicas de impresión 3D.
Nesta liña, na actualidade, existen moitas organizacións sen ánimo de lucro que facilitan o libre acceso a deseños de próteses, de forma que calquera poda acceder a eles e poda axudar imprimindo próteses ou mellorando os deseños xa existentes. Posibilitándose, desta maneira, que persoas de países en vías de desenvolvemento podan acceder a unha prótese.
Por este motivo, neste proxecto, aplicarase a metodoloxía de deseño para a fabricación e ensamblaxe, orientada cara o deseño dunha prótese mecánica de membro superior en términos de fabricación, montaxe e costes. Para o cal, realizarase unha análise da problemática dos deseños existentes.
Polo tanto, preténdese realizar un deseño conceptual, o que permitirá realizar un deseño CAD e de detalle.
Con este proxecto búscase facilitar o acceso a próteses mecánicas en países en vías de desenvolvemento, optimizando a fabricación e ensamblaxe das mesmas, para que as organizacións que se dedican a distribuír estas próteses voluntariamente podan chegar a máis persoas en menos tempo.
Volver