Secretaría Uvigo - Caracterización de pericardio porcino mediante ensaios mecánicos e análises por FEM para posible aplicación en válvulas biolóxicas

Caracterización de pericardio porcino mediante ensaios mecánicos e análises por FEM para posible aplicación en válvulas biolóxicas

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Iria Feijoó Vázquez
Cotitoría: José Ángel López Campos
Tribunal Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Juan María Pou Saracho
Secretaría: Xavier Nóvoa Conde
ResumoAs vantaxes das próteses valvulares mecánicas sobre as biolóxicas é que a súa duración é maior, sen embargo, estas necesitan tratamentos anticoagulantes. No caso das válvulas biolóxicas o inconveniente son as calcificacións e a resistencia mecánica, provocando que sexa necesaria a súa substitución. No presente traballo realizase o estudo do comportamento de diferentes áreas do pericardio porcino para avaliar a posibilidade de empregar o mesmo coma material para a fabricación de válvulas biolóxicas cardíacas, tales como as válvulas aórticas. Trala extracción do pericardio nas instalacións de Frigolouro, realizase a preparacion das mostras na sala blanca do CINBIO. As mostras extraídas do pericardio consérvanse durante dous períodos de tempo diferentes. Todas as mostras ensáianse a tracción mediante unha maquina universal de ensaios. As curvas obtidas nestos ensaios empreganse coma curvas base para modelar o comportamento dun modelo de velos empleado nas TAVIs. Este modelo xerado empregando as curvas obtidas nos ensaios, comparanse con modelos de maior realismo e fidelidade para comprobar a fiabilidade do axuste das curvas e do propio modelo.
Volver