Secretaría Uvigo - Proxecto de dixitalización (procesos de negocio, xestión de almacén, servizo ao cliente e tratamento de datos) dunha empresa de distribución de bebidas.

Proxecto de dixitalización (procesos de negocio, xestión de almacén, servizo ao cliente e tratamento de datos) dunha empresa de distribución de bebidas.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pedro González Santamaría
Tribunal Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Martín Lamosa Quinteiro
Secretaría: Javier Turienzo Riveiro
ResumoEste TFG trata sobre a realización dun proxecto de dixitalización nunha empresa de distribución de bebidas, que chamaremos ?DISVIG?. Veremos como mellorar a funcionalidade operativa da empresa, obter a información e os datos necesarios en tempo real para a toma de decisións que axuden ao crecemento da empresa, establecer unha plataforma de venda en liña coa que aumentar o mercado, e dada a natureza distribuidora da empresa, implementar un sistema de xestión de almacén informatizado que dé apoio a toda a xestión de almacén da empresa.

Na actualidade, co agravante da pandemia, é clave establecer un novo modelo de negocio baseado na transformación dixital dos diferentes procesos que engloban a unha empresa, co que mellorar a calidade do servizo ao cliente. Búscase dispoñer de información das preferencias dos clientes grazas ao tratamento de datos en tempo real, co que responder de forma máis rápida e precisa ás necesidades dos clientes. Tamén cunha correcta dixitalización, búscase unha mellora da capacidade operativa da empresa, como un mellor control do stock (dispoñendo da información en tempo real), unha mellor trazabilidade dos productos dende a empresa ata a entrega ao cliente, entre outros aspectos.

Realizaremos unha análise e diagnóstico da situación actual da empresa no ámbito dixital, e ver cales son as áreas nas que a súa adecuada dixitalización aporte valor á empresa. Veremos cal é o sistema de xestión informático adáptase mellor á empresa, despois de analizar diferentes opcións. Crearase unha plataforma de venda ao cliente coa que aumentar a calidade do servizo, automatizando a execución dos pedidos por parte do cliente. Veremos qué sistema de recollida e tratamento de datos é o que mellor se adaptaría ás características da empresa, co que axudaría a mellorar o servizo ao cliente e na toma de decisións estratéxicas.

Todo este proxecto de dixitalización trata de adecuar a empresa á realidade actual á que se enfrontan as empresas debido á crecente transformación dixital, que é un piar básico dos fondos NEXT GENERATION, e se non se aborda correctamente, fará que a empresa fracase.

Tamén se analizará o investimento necesario para levar a cabo todo isto, e cando se comezarán a obter melloras e beneficios para a empresa grazas ao proxecto de transformación dixital.
Volver